5º SEMINARIO DE MúSICA MODERNA E IMPROVISACIóN 2009.

 
Entre Pueblos
ANUNCISE AQUI. INCREMENTE SUS VISITAS
   Inicio    El tiempo Teléfonos de Interés Ministerios de España   Historia de España   Pueblos más Vistos      

Peliculas de Cine
 

Inicio > Lugo > MONFORTE DE LEMOS > MONFORTE DE LEMOS

5º SEMINARIO DE MúSICA MODERNA E IMPROVISACIóN 2009 - MONFORTE DE LEMOS


CONTIDOS
1.COMBOS ( seis niveis de progresiva dificultade)
-Estilos: Blues, swing, Be-Bop, bossa, funk, latin, Pop…
2. HARMONÍA, ANÁLISE e TÉCNICAS DE IMPROVISACIÓN

3. COMPOSICIÓN E ARRANXOS (para distintas formacións instrumentais)
4.- IMPROVISACIÓN VOCAL: Técnica vocal e coro
DIRIXIDO A
Persoas con coñecementos musicais que desexen achegarse á música moderna.
Persoas interesadas en ampliar coñecementos sobre a linguaxe empregada nos distintos estilos da música moderna.
Músicos profesionais, semiprofesionais ou estudantes coa necesidade de ampliar os seus recursos para a interpretación, a improvisación, a escoita, a creación, etc…
Profesores que fan ou queren facer música nas aulas. No seminario ampliaran os seus recursos pedagóxicos.
Poderan participar no seminario músicos de calquera especialidade instrumental.
INFORMACIÓN ADICIONAL
· Os grupos practicarán estes contidos nun repertorio axeitado ao seu nivel e composto por temas de diferentes estilos.
· Os grupos de traballo formaranse de acordo co nivel teórico e instrumental dos alumn@s.
· O grupo-Iniciación estará formado por alumn@s de 12 anos en adiante e con coñecementos básicos de instrumento.
· Os asistentes recibirán un diploma acreditativo ao final do seminario.
· Ao longo da semana alumnos e profesores terán a oportunidade de participar en diversas sesións musicais organizadas en distintos pontos de Monforte de Lemos.
· As prazas son limitadas e asignaránse por orde de inscrición.
· Os participantes do seminario terán que levar o seu instrumento, agás pianistas e bateristas.
· Todos os participantes deben traer un atril debidamente identificado.
· O coordinador e os profesores estudarán as solicitudes para para elixir o nivel axeitado a cada alumno.

HORARIOS
Aulas teórico-prácticas. Conservatorio Profesional de música “Mestre Ibáñez”:
10:30 H a 13:30 H 16:30 H a 18:30 H
MATRÍCULA
Prezo: 100 €
As inscricións poderanse enviar por correo postal, fax, ou por correo electrónico.
ALOXAMENTO
Prezo: 30 €, só estancia. Entrada a noite do domingo 16 e saída a mañán do domingo 23
Nº de prazas dispoñíbeis: 30. Asignadas por orde de inscrición
Reservas aloxamento: 986 844104 / 659 474352
A organización facilitará información sobre outros aloxamentos e restaurantes.

ORGANIZACIÓN:
Escola de Estudios Musicais A Tempo
Praza A Castaña, 2 baixo, 36.002 Pontevedra
teléfonos:986 84 41 04/ 659 47 43 52
fax: 986 84 41 04

http://www.novasmusicas.com
atempo.org@gmail.com
PROFESORES
Carlos Calviño [guitarra]
Profesor superior de guitarra polo Conservatorio Superior de Vigo. Profesor de ensino secundario na especialidade de música e de profesor de guitarra e harmonía moderna na Escola de Música A Tempo (Pontevedra).Tocou con Alberto Conde, Roberto Somoza, Joshua Edelman, Pepe Bao, Celia Mur, Andy Phillips, entre outros.

Iñaki Askunze (saxofón)
“Premio de Honor” do Conservatorio de San Sebastian. Estudió en Berklee Collage of Music de Boston onde gradúase co grao de "Magna Cum Laude" en Interpretación e Composición. Profesor de Harmonía e Arranxos no “Taller de Musics” de Barcelona. Profesor na especialidade de Jazz de Harmonía, Arranxos, Composición e Combo no Conservatorio Superior de Música do País Vasco (Musikene) e de Composición no Conservatorio Superior de Música Pablo Sarasate de Pamplona. Director da “Pirineos Jazz Orquesta”.
Dee Jay Foster (contrabaixo e baixo eléctrico)
Graduado no Berklee College of Music, de Boston. Estudia con Pat Martino, Dave Liebman, Joe Lovano, entre otros. Toca e graba en Boston e Nova Yorke con artistas como Hal Crook , Ian Froman, Bob Gulloti, entre outros. No 2005, e elexido por Herbie Hancock e Wayne Shorter como un dos tres finalistas para o "Thelonious Monk Institute of Jazz" en Los Angeles. No 2006 toca en San Francisco, con Mark Levine, Barry Finnerty, e Mel Martin.
Celia Mur (voz)
Alumna da soprano lírica Maryan Bryfdir durante seis anos no Centro de Arte Lírico de Granada. Graduouse na Associated Board of The Royal Schools of Music del Reino Unido. Celia Mur e unha das cantantes de jazz más interesantes da xeeración actual en España. Seu primeiro disco , "Footprints", mostra a calidade do seu canto improvisado a maneira do “ scat “.O segundo disco "Las flores de mi vida" (Satchmo record 2003) e un percorrido intimista en clave de jazz.
Albert Sanz (piano)
Estudiou no Taller de Músic e Conservatorio de Valencia. Graduado na Berklee Collage of Music de Boston. Profesor do Conservatorio Superior de Música de Euskadi Musikene. Colaboura con Joe Lovano, Perico Sambeat, Mark Turner, Jordy Rossy, Kurt Rosenwinkel, Chris Cheek. Premio Pianista revelación 1999 na Bienal de Jazz Tete Montoliu.

Valentín Iturat (batería):
Estudiou na Drummers Collective .Traballa en televisión, cine e publicidade, acompaña a grupos e solistas de diferentes estilos musicais: jazz, rock, pop, músicas do mundo...Tocou con Andreas Prittwitz, Javier Sánchez,Charlie Moreno, Moisés Sanchez, José Ramón Abella, Raúl Marquez, José Antonio Ramos entre outros.
Miguel Ángel Rodríguez [coordinador]
Profesor Superior de saxofón ,profesor de Secundaria, na especialidade de Música. Director da Big Band “Tejina”, coa que participou na 1ª edición do festival de jazz de La Laguna. Director da orquestra “División Musical”do I.E.S Xunqueira 1, cos que ten gravado o disco “Rock no ensino público”.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Ingresar o importe da matrícula no seguinte nº de conta de Caixa Galicia:
2091 0126 90 3110000019. Especificando como concepto do ingreso:
” 5º Seminario de Música Moderna e Improvisación”
Enviar este formulario xunto cunha fotocopia do ingreso a:
Escola de Estudios Musicais A TEMPO, Praza A Castaña, 2 baixo, 36.002 Pontevedra.

nome e apelidos
idade
d.n.i
enderezo

andar
c.p
poboación
provincia
teléfonos
correo electrónico
instrumento
anos de práctica
estudos realizados
sinale a opción desexada:
seminario sen residencia 100 €:
seminario con residencia 130 €:






GALERIA DE FOTOS - FOTOGRAFIAS

5º Seminario de Música Moderna e Improvisación CARTEL  

Ref: 11880 - Ultima modificación:19-04-2009
Añadir articulo | Reportar Error | Enviar aun Amigo/a

Volver a MONFORTE DE LEMOS
Volver al pueblo de MONFORTE DE LEMOS
Volver a Lugo
Volver a entrepueblos.com

Otros pueblos de España: A Coruña -Álava -Albacete -Alicante -Almería -Asturias -Ávila -Badajoz -Baleares -Barcelona -Burgos -Cáceres -Cádiz -Cantabria -Castellón -Ceuta -Ciudad Real -Córdoba -Cuenca -Girona -Granada -Guadalajara -Guipúzcoa -Huelva -Huesca -Jaén -La Rioja -Las Palmas -León -Lleida -Lugo -Madrid -Málaga -Melilla -Murcia -Navarra -Orense -Palencia -Pontevedra -S.C de Tenerife -Salamanca -Segovia -Sevilla -Soria -Tarragona -Teruel -Toledo -valencia -Valladolid -Vizcaya -Zamora -Zaragoza si desea volver a la página principal de www.entrepueblos.com pulse aquí.

 
EntrePueblos.com pagina de todos los pueblos y municipios de España