DODRO.

 
Entre Pueblos
ANUNCISE AQUI. INCREMENTE SUS VISITAS
   Inicio    El tiempo Teléfonos de Interés Ministerios de España   Historia de España   Pueblos más Vistos      

Peliculas de Cine
 

Inicio > A Coruña > DODRO > DODRO

DODRO - DODRO


O concello de Dodro sitúase a uns 20 quilómetros de Santiago de Compostela, no sur da provincia da Coruña. Situado na vertente dereita do río Ulla, limita ó co concello de Rois, ó leste co de Padrón e ó oeste cos municipios de Lousame e Rianxo.
Dodro ten a capitalidade do concello en Tallós onde se sitúa a casa consistorial que data do ano 1909. Este municipio pertence, xunto con Padrón e Rois, á comarca do Sar aínda que pola súa localización está moi vinculada á veciña comarca do Barbanza.
As vinteseis aldeas que configuran este concello distribúense en 3 parroquias: San Xoán de Laíño, Bexo, Imo, Castro, A Devesa, Bustelo e Teaio; San Xulián de Laíño, Eiró, A Igrexa de Laíño, Manselle, Muronovo, Paizal, Pexegueiro, Reboiras, Rial de Lagoa, Rialiño, Sar, Tallós, Tarrío e Traxeito; e Santa María de Dodro, Cancela Abrea, Dodriño, A Igrexa de Dodro, Lestrove, Revixós, Susavila e Vigo.Ocupando os 38,15 quilómetros cadrados de superficie que ten o concello e albergando os (3.234 ) habitantes deste concello. A parroquia máis poboada é Santa María de Dodro con (1.286) veciños distribuídos en 7,20 quilómetros cadrados, seguida de San Xoán de Laíño con (1.159) nunha superficie de 17,18 quilómetros cadrados e, por último, San Xulián de Laíño con (789) habitantes en 11,70 quilómetros cadrados. Este é un concello rural, sen unha vila na capital.
Se falamos do medio físico do concello, podemos defini-la localidade de Dodro como unha zona prelitoral situada na Depresión Meridiana que é aproveitada polo río Ulla ó dirixirse cara á súa desembocadura. Polo tanto, este municipio, está caracterizado por un nivel aplanado que enlaza coas ladeiras da Serra do Barbanza. Así, nun espazo tan pequeno coexisten dúas áreas ben contrastadas, Unha baixa, coincidente co val do Ulla no que se atopa a paraxe natural das Brañas de Laíño, e outra, no norte do concello, montañosa e de gran riqueza forestal.
O punto máis alto é a Lomba da Poza con 576 metros seguido dos Montes de Morouzas, de Caldebarcas con 312 metros e do Carboeiro e Vilar, que forman unha pequena serra cara o leste da Serra do Barbanza e que defenden as terras máis baixas das inclemencias dos ventos do primeiro cuadrante. O declive é bastante pronunciado pois son aturas considerables que descenden catro ou cinco quilómetros ata o nivel do mar.
Dodro atópase no dominio climático oceánico-hiperhúmido que se caracteriza por unha concentración das precipitacións de inverno, arredor dos 1.500 mm, sequidade estival, néboas, escasa presencia de xeadas e unha temperatura media de 12ºC cunha oscilación térmica superior ós 10ºC.
No tocante á economía, o sector servicios é o que ocupa a unha maior parte da poboación activa. Dodro nunca foi un concello con forte tradición agrícola nin gandeira e, nos últimos anos, unha serie de cambios e reformas fixo que este sector quedase relegado a unha a unha agricultura a tempo parcial, onde na maioría dos casos se trata dun suplemento á economía doméstica. Respecto ás explotacións gandeiras, no pasado as vacas empregábanse para a axuda nos labores agrícolas e tamén para obter leite e productos lácteos destinados á venda, o que supoñía unha boa axuda para as economías domésticas. Pero a partir dos anos 70 e 80, coa intensificación do sector, a cota leiteira supuxo unha gran diminución deste tipo de producción.

Ref: 7971 - Ultima modificación:24-09-2008
Añadir articulo | Reportar Error | Enviar aun Amigo/a

Volver a DODRO
Volver al pueblo de DODRO
Volver a A Coruña
Volver a entrepueblos.com

Otros pueblos de España: A Coruña -Álava -Albacete -Alicante -Almería -Asturias -Ávila -Badajoz -Baleares -Barcelona -Burgos -Cáceres -Cádiz -Cantabria -Castellón -Ceuta -Ciudad Real -Córdoba -Cuenca -Girona -Granada -Guadalajara -Guipúzcoa -Huelva -Huesca -Jaén -La Rioja -Las Palmas -León -Lleida -Lugo -Madrid -Málaga -Melilla -Murcia -Navarra -Orense -Palencia -Pontevedra -S.C de Tenerife -Salamanca -Segovia -Sevilla -Soria -Tarragona -Teruel -Toledo -valencia -Valladolid -Vizcaya -Zamora -Zaragoza si desea volver a la página principal de www.entrepueblos.com pulse aquí.

 
EntrePueblos.com pagina de todos los pueblos y municipios de España